Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e na empresa ordinaria, cofinanciados polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (DOG nº 12; do 19 de xaneiro de 2009). PROGRAMA DE FOMENTO DE CONTRATACIÓN INDEFINIDA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA (ANEXO A).
1.- OBXECTO
Incentivar a contratación indefinida de traballadores desempregados cunha discapacidade igual ou superior ao 33% coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
Os contratos indefinidos iniciais e as transformacións de contratos temporais en indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención, deberán formalizarse por escrito, comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 16 setembro de 2008 e o 15 de setembro de 2009, ambas inclusive.
2.-BENEFICIARIOS
Empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, que contraten con carácter indefinido a traballadores con discapacidade desempregados ou procedentes de centros especiais de emprego, ou no suposto da incorporación ás empresas colaboradoras dos traballadores con discapacidade procedentes dun enclave laboral, inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego ou transformen en indefinidos contratos formativos e contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade, para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
3.- TIPOS DE AXUDA
• Unha subvención de ata 3.907 euros por cada traballador con discapacidade contratado por tempo indefinido a xornada completa, ou a parte proporcional se é a tempo parcial.
• Un incentivo adicional de ata 600 euros no caso da contratación indefinida de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 49%.
• Cando se trate da contratación indefinida dunha muller con discapacidade, establécese un incentivo adicional aos anteriores de ata 600 euros calquera que sexa o seu grao de minusvalidez
• Unha subvención de ata 902 euros, para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de medidas de protección persoal necesarias para evitar accidentes laborais ao traballador con discapacidade contratado ou para eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo dos traballadores discapacitados.
• No caso de empresas colaboradoras que contraten con carácter indefinido a un traballador con discapacidade do enclave laboral, segundo o previsto no RD 290/2004, do 20 de febreiro, que presenten especiais dificultades para o acceso ao mercado ordinario de traballo, nos supostos de persoas con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%, ou persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%, a axuda será de ata 7.814 euros por cada traballador contratado a xornada completa e poderá acollerse tamén á axuda para a adaptación de postos de traballo.
Para o resto dos traballadores con discapacidade do enclave laboral, as subvencións serán as establecidas con carácter xeral.
4.- PRAZO DE SOLICITUDES
AS SOLICITUDES DE AXUDA Á CONTRATACIÓN DEBERÁN PRESENTARSE NOS DOUS MESES SEGUINTES Á DATA NA QUE SE INICIE A RELACIÓN LABORAL EN VIRTUDE DUNHA CONTRATACIÓN INICIAL OU SE PRODUZA A TRANSFORMACIÓN DO CONTRATO EN INDEFINIDO, RESPECTANDO EN TODO CASO O PRAZO XERAL.
AS SOLICITUDES DE AXUDA PARA A ADAPTACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DEBERÁN PRESENTARSE ANTES DO INICIO DA DITA ADAPTACIÓN.
O PRAZO XERAL PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES FINALIZARÁ O 15 DE SETEMBRO DE 2009.
AS SOLICITUDES DE AXUDAS POLAS CONTRATACIÓNS INDEFINIDAS OU TRANSFORMACIÓNS DE CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOS REALIZADAS ENTRE O 16 DE SETEMBRO DE 2008 E A DATA DE PUBLICACIÓN DA ORDE DEBERÁN PRESENTARSE ATA O 31 DE MARZO DE 2009.