Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
ZONA DE USUARIOS REXISTRADOS
inicio » servizos » servizos » subvencións » subvencións » detalles » subvención » aboamento de cotas á seguridade social dos traballadores que percibisen a prestación de desemprego na modalidade de pagamento único
  • Imprimir

Subvencións

Aboamento de cotas á Seguridade Social dos traballadores que percibisen a prestación de desemprego na modalidade de pagamento único

ORGANISMO

Consellería de Traballo

 

TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA

ABOAMENTO DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL DOS TRABALLADORES QUE PERCIBISEN A PRESTACIÓN DE DESEMPREGO NA MODALIDADE DE PAGAMENTO ÚNICO (TR341A)

 

FINALIDADE / OBXECTIVO

O obxecto desta orde é establecer o procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social dos traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego, na súa modalidade de pagamento único.

 

BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Traballadores desempregados que percibiran a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

 

SECTORES INCENTIVABLES

Todos

 

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

  1. Ter percibido a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.
  2. Ter optado polo aboamento, dunha soa vez, da totalidade da prestación por desemprego.
  3. Ter adquirida a condición de socio traballador ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con centro de traballo en Galicia; ou terse constituído como traballador autónomo se se trata dunha persoa cunha discapacidade igual ou superior ó 33%.
  4. Que iniciasen a activiade dentro do mes seguinte ao da percepción da prestación de pagamento único ou atoparse en fase de iniciación.
  5. Estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.
     

 

CONTÍA DAS AXUDAS

Esta axuda consistirá no aboamento do 50 por 100 da cota ao réxime correspondente á Seguridade Social como traballador ou traballadora autónomo/a, calculada sobre a base mínima de cotización, ou o 100 por 100 da achega do traballador ou traballadora nas cotizacións ao correspondente réxime da Seguridade Social, durante o período polo que se percibiría a prestación por desemprego de non se ter percibido na súa modalidade de pagamento único, computándose, para efectos desta axuda, a partir da data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A persoa beneficiaria do aboamento de cotas á Seguridade Social regulado nesta orde deberá presentar unha única solicitude por todas as mensualidades a que teña dereito no prazo de seis meses contado desde o derradeiro día do primeiro mes en que teña dereito ao aboamento.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de setembro. Cando o prazo de seis meses finalice con posterioridade ao 15 de setembro, a solicitude poderá presentarse a partir do 1 de xaneiro do exercicio seguinte e ata o 31 de maio.

Se as primeiras mensualidades polas que a persoa beneficiaria ten dereito ao aboamento son as correspondentes ao cuarto trimestre do ano, a solicitude poderá presentarse ata o 30 de xuño do ano seguinte.

 

INCOMPATIBILIDADES

Esta axuda será incompatible coa percepción trimestral do importe da prestación por desemprego de nivel contributivo, na súa modalidade de pagamento único, para subvencionar a cotización do traballador ou traballadora á Seguridade Social.

O importe das axudas reguladas nesta orde non poderá ser, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, de tal contía que supere o custo da cotización á Seguridade Social satisfeita pola persoa beneficiaria.

 

REFERENCIA LEXISLATIVA

Orde do 5 de agosto de 2008 (DOG Nº176 do 11/09/2008) - Bases e convocatoria 2008

 

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN

Información nas Delegacións Provinciais da Consellería de Traballo:

A Coruña - 981 182 392 / 981 185 978

Lugo - 982 294 363 / 982 294 344

Ourense - 988 386 223 / 988 386 224

Pontevedra - 986 817 202 / 986 817 204

As solicitudes e os anexos deste programa de axudas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo http://traballo.xunta.es


OBSERVACIÓNS / DOCUMENTACION:

  • Modelo normalizado de solicitude
  • Copia do DNI ou NIF do solicitante.
  • Copia da resolución do director ou directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal pola que se aproba o aboamento da totalidade da prestación contributiva por desemprego nun único pagamento.
  • Boletíns de cotización á Seguridade Social da primeira mensualidade para que se solicite o aboamento e, no seu caso, boletíns de cotización correspondentes ás mensualidades xa aboadas no momento da presentación da solicitude
  • Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para a mesma finalidade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados (segundo o modelo do anexo III). Ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitaron nin percibiron outras axudas ou subvencións (no modelo de solicitude)
  • Ficha de trransferencia bancaria e certificado da entidade financiera acreditativo de que a persoa solicitante é titular da conta corrente que indica.
Archivo
tr341a2.zip
 
ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela