Xoves 4 de Decembro de 2008  
Coprodega
 
 
Recuperar Clave      
Establecer como PÁXINA PRINCIPAL | Contactar | Mapa Web Favoritos  
 Inicio O Colexio Órganos de Goberno
   O Colexio
  Benvida do Presidente
  Fins é Funcións
  Organigrama
  Órganos de Goberno
  Estatutos
  Código Deontolóxico
  Como Colexiarse
  Dereitos e Deberes
  Baremo Orientativo
  Modelo de Documentos
   Colexiados
   Noticias
   Axenda
   Servizos

A.M.A. SEGUROS

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Órganos de Goberno
  texto pequeño texto normal texto grande imprimir

  En consonancia co establecido na Lei 11/2001, do 18 de setembro, pola que se regulan os colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 16º dos vixentes Estatutos, establecen os órganos de goberno e representación do Colexio cuxa estrutura podedes consultar no apartado de organigrama do menú desta páxina web.

 De acordo ca acta de escrutinio publicada no DOG núm. 91/2005 do 12/05, os citados órganos están compostos polos seguintes colexiados elexidos na xornada electoral do 30 de abril de 2005:

A) ASEMBLEA XERAL:

 É o órgano supremo do Colexio e está composta por todos os colexiados con plenitude de dereitos. Reunirase como mínimo unha vez ao ano en sesión ordinaria que deberá celebrarse durante o primeiro trimestre.

B) PLENO DA XUNTA DE GOBERNO:

-Presidente: D. Avelino J. Sanmartín Caamaño.

-Vicepresidenta: D.ª Mónica Fernández Losada.

-Secretario: D. Xesús Domínguez Domínguez.

-Interventor: D. Miguel A. Rodríguez Ramos.

-Tesoureiro: D.José Antonio Calvo Díaz.

-Poñente de Cultura : D. Manuel Corral Fariñas.

-Vogais: A Coruña: D. Alberto Calvo Fernández e Dª María del Pilar Mosquera Mira; Lugo: D. Antonio Fernández Basanta e Dª Susana Vizoso Menaya; Ourense: D. José Antonio Casal Cid e Dª Noelia Macía Martínez; Pontevedra: D. Roberto Portas Moure e Dª Ana María Guzmán Santiso.  

 Por así establecelo o artigo 28º dos Estatutos o Pleno reunirase obrigatoriamente dúas veces ao ano en sesión ordinaria e en sesión extraordinaria cando así o estime oportuno o Presidente ou a Comisión Permanente previo acordo expreso ou o soliciten formal e motivadamente por escrito un terzo dos seus membros.

C) COMISIÓN PERMANENTE:

 Composta polo Presidente, Vicepresidenta, Secretario, Interventor, Tesoureiro e Poñente de Cultura. De acordo co previsto no artigo 31º dos Estatutos a Comisión Permanente celebrará sesión ordinaria unha vez cada dous meses e con carácter extraordinario cada vez que o Presidente ou dous membros da Comisión o consideren conveniente.

D) COMISIÓNS PLENARIAS INFORMATIVAS:

 Son órganos de carácter informativo e de preparación e asesoramento dos asuntos que se sometan a deliberación da Asemblea Xeral e do Pleno e Comisión Permanente da Xunta de Goberno. A súa composición e réxime de funcionamento están regulados nos artigo 40º e 41º dos Estatutos. Para ver as comisións constituídas consultar no menú da páxina web o apartado de organigrama.

 

 

 
Non existen arquivos relacionados
 
Aviso legal | Política de privacidade | Suxerencias | Mapa Web | Ponte en Contacto co Colexio | Webmail
Colexio de Protésicos Dentáis de Galicia - CIF Q2701000H - Rúa Montero Ríos 10 1ºB - 15706 - Santiago de Compostela
Deseño web: Inxenio Internet Consulting | Aloxamento web: Rexistra.net