Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

Nome
Programa de Promoción do Emprego Autónomo
Obxecto
A Consellería de Traballo subvencionará a promoción e axuda a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.
Descrición
O pasado día 28 de abril do 2010, publicouse no DOGA (DOG nº 79, do 28 de abril de 2010) a Orde do 22 de abril do 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.
A finalidade deste programa é é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/ as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 16 de setembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010, ambos inclusive.
Persoas beneficiarias
Tipos de axuda:
As contías desta subvención serán as seguintes:
A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.
No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo realizado por cada socio/a solicitante terase en conta a súa participación na mesma.
Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira).
Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.
O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías:
A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.
No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do investimento mínimo realizado por cada socio/a solicitante terase en conta a súa participación na mesma.
No caso de microcréditos concedidos polo Instituto de Crédito Oficial ou por outras entidades de crédito a persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados anteriormente.
O importe desta subvención será o seguinte:
A. 4.000 euros pola contratación indefinida dun desempregado en xeral.
B. 5.000 euros pola contratación indefinida dun mozo desempregado de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros pola contratación indefinida dunha muller desempregada.
D. 5.600 euros pola contratación indefinida dunha moza desempregada de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros pola contratación indefinida dunha persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, unha persoa desempregada de longa duración, unha persoa desempregada emigrante retornada, unha persoa desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 2.000 euros pola transformación dun contrato temporal en indefinido. Esta contía será de 2.500 euros se o traballador ten 30 ou menos anos e de 3.000 euros se é muller
A subvención non poderá superar a contía equivalente ao 60% dos custos salariais totais de dúas anualidades da persoa contratada.
No caso de que a contratación sexa a tempo parcial a subvención calcularase proporcionalmente
Prazo de solicitudes:
O prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de dous meses desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. En todo caso, este prazo finalizará o 30 de xuño de 2010, aínda que non transcorreran dous meses desde a dita alta (art. 11º.2).
As actuacións subvencionables do programa para a promoción do emprego autónomo, realizadas entre o 16 de setembro do ano 2009 e a data de publicación desta orde, poderán acollerse ás axudas da mesma, aínda que transcorrese o prazo establecido dende a alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de xuño de 2010.
Non existen comentarios relacionados
Se desexas engadir un novo comentario, debes estár rexistrado como usuario de COPRODEGA. Introduce os teus datos de acceso en caso de estar rexistrado ou rexistrate gratis cubrindo o noso formulario de rexistro.