Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

Noticias relacionadas cos colexiados do Colexio de Protésicos Dentais de Galicia
Lab. El Pilar, laboratorio dental situado en Vigo. Empresa familiar e especializado en prótese fixa con alto nivel de estética. Busca protésico dental con experiencia. Metal-cerámica e removible.
Laboratorio de alta exixencia situado en Mora de Ebro (Tarragona), busca a protésico dentais con experiencia demostrable no modelado, repasado e soldado de estructuras metálicas tanto sobre pezas naturais como sobre implantes. Boa retribución económica.
O Concello de Santiago, en colaboración con entidades representativas do ámbito social e económico da nosa cidade, está organizando a I Feira de Emprego de Santiago de Compostela que se celebrará os días 7 e 8 de outubro. O obxectivo fundamental é servir de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas, facilitando os procesos de selección de persoal.
Sendo un dos obxectivos da nova Xunta de Goberno a realización dun convenio colectivo, de cara a formalización do mesmo poderedes observar distintos convenios doutras comunidades autónomas e provincias.
A Consellería de Traballo subvencionará a promoción e axuda a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.