NATUREZA XURÍDICA:
O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galícia, é unha corporación de dereito público de base privada de carácter representativo, de estrutura interna e funcionamento democrático, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. (artigo 1º dos Estatutos).
Por ser un Colexio único no seú ámbito territorial, asume as competencias propias dos Consellos Autonómicos previstas polo artigo 25 da Lei 11/2001, do 18 de setembro, pola que se regulan os colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.
FINS E FUNCIÓNS:
Constitue a súa finalidade esencial ordenar no ámbito das súas competencias o exercicio da profesión, e velar pola defensa dos intereses dos seus colexiados. A título meramente orientativo podemos citar algunha das funcións e fins recollidos nos artigos 7º e 8º dos vixentes Estatutos:
-
Lograr a constante mellora da calidade das prestacións profesionais dos colexiados promovendo a sua formación e perfeccionamento.
-
-
Colaborar coas Administracións públicas no exercicio das súas funcións.
-
Crear, soster e fomentar obras e institucións de previsión, de crédito, consumo e seguridade (convenios).
-
Fomentar os actos de carácter cultural e científico.
-
Exercitar as accións legais e adoptar as medidas necesarias para evitar o intrusismo profesional e a competencia desleal.
-
-
Intervir como mediador en conflictos profesionais que xurdan entre os colexiados, e actuar como árbitro nos conflictos entre colexiados e terceiros, cando o soliciten ámbalas partes.
-
-
Colaborar coas Administracións públicas en materia das súas competencias e participar nos órganos consultivos da Administración de Galicia.
DOMICILIO SOCIAL:
Santiago de Compostela, na rúa do Penedo, 12-14, baixo B (CP 15706). Sede da Secretaría Técnica e lugar de atención directa aos colexiados e de reunión dos órganos de goberno. Teléfono: 981.524591; Fax: 981.534117; correo electrónico coprodega@coprodega.es .
Información legal:
Denominación social: Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia. NIF Q2701000H. Inscrito no Rexistro de Colexios Profesionais e de Consellos de Colexios Profesionais da Xunta de Galicia co número 19. |