Xoves 4 de Decembro de 2008  
Coprodega
 
 
Recuperar Clave      
Establecer como PÁXINA PRINCIPAL | Contactar | Mapa Web Favoritos  
 Inicio O Colexio Dereitos e Deberes
   O Colexio
  Benvida do Presidente
  Fins é Funcións
  Organigrama
  Órganos de Goberno
  Estatutos
  Código Deontolóxico
  Como Colexiarse
  Dereitos e Deberes
  Baremo Orientativo
  Modelo de Documentos
   Colexiados
   Noticias
   Axenda
   Servizos

A.M.A. SEGUROS

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Dereitos e Deberes dos Colexiados
  texto pequeño texto normal texto grande imprimir

 Os Estatutos do Colexio nos artigo 14º e 15º recoñecen aos seus membros, entre outros, os seguintes dereitos e impón os seguintes deberes:

A) DEREITOS:

-Exercer a profesión e usar o título de protésicos dental.

-Participar na xestión do Colexio a través dos órganos colexiados e exercer o sufraxio activo e pasivo.

-Recibir información sobre a actividade corporativa, e exercer o dereito de petición, proposta e solicitude ante os órganos de goberno.

-A súa defensa polo Colexio ante as autoridades, entidades, empresas ou particulares con motivo no exercicio da profesión, e a representación e apoio dos órganos de goberno nas súas xustas reclamacións e nas negociacións motivadas que xurdan con ocasión de dito exercicio.

-Comisionar ao Colexio no caso de ter establecido o servizo para o cobro de soldos, remuneracións, facturas ou minutas profesionais.

-Participar nas actividades culturais, ostentar e utilizar no exercicio da actividade a ensina profesional e o papel timbrado co selo do Colexio se así o desexa.

-Celebrar reunións da carácter colexial nas dependencias do Colexio cando se dispoña delas, e concorrer a todos os actos de confraternidade e usar a biblioteca e outros servizos que estableza o Colexio, sen prexuízo de autorización previa.

B) DEBERES:

-Cumprir e acatar o Estatutos e os acordos dos órganos de goberno do Colexio.

-Designar un domicilio, satisfacer as cotas ordinarias e extraordinarias e as dos servizos que a Xunta de Goberno declare obrigatorias, así como aquelas destinadas para fins mutualistas, viuvidade, orfandade, vellez e outras que se establezan por dito órgano.

 -Non colaborar con quen realice actos de intrusismo profesional, absterse de calquera práctica que supoña competencia desleal e cumprir con máximo celo e eficacia as encargas profesionais.

-Cobrar os honorarios no exercicio da profesión e facilitar a documentación que se refira a súa actividade profesional que lle sexa requirida polo Colexio.

-Colaborar co Colexio en todas as accións legais encamiñadas á erradicación do intrusismo profesional, e gardar o segredo profesional no exercicio da profesión.

-Mostrar sempre que se lle requira o carné de colexiado ao concorrer a actos ou usar servizos promovidos ou prestados polo Colexio.

 

 

 

 

Aviso legal | Política de privacidade | Suxerencias | Mapa Web | Ponte en Contacto co Colexio | Webmail
Colexio de Protésicos Dentáis de Galicia - CIF Q2701000H - Rúa Montero Ríos 10 1ºB - 15706 - Santiago de Compostela
Deseño web: Inxenio Internet Consulting | Aloxamento web: Rexistra.net