Xoves 4 de Decembro de 2008  
Coprodega
 
 
Recuperar Clave      
Establecer como PÁXINA PRINCIPAL | Contactar | Mapa Web Favoritos  
 Inicio O Colexio Como Colexiarse
   O Colexio
  Benvida do Presidente
  Fins é Funcións
  Organigrama
  Órganos de Goberno
  Estatutos
  Código Deontolóxico
  Como Colexiarse
  Dereitos e Deberes
  Baremo Orientativo
  Modelo de Documentos
   Colexiados
   Noticias
   Axenda
   Servizos

A.M.A. SEGUROS

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Como Colexiarse
  texto pequeño texto normal texto grande imprimir

Desde a creación do Colexio no ano 1999 a profesión de protésico dental ten carácter colexial ,sendo imprescindible para o seu exercicio no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia estar incorporado a el a través do cumprimento dos requisitos e trámites esixidos polo artigo 10º.1. dos vixentes Estatutos aprobados mediante Decreto 170/2004, do 7 de xullo.

 O apartado 2º de dito artigo en relación co procedimento de colexiación establece o siguiente:

A)REQUISITOS:

-Estar en posesión do título de protésico dental ou habilitación profesional correspondente.

-Ser maior de idade.

-Non incorrer en causa de incapacidade legal para o exercicio da profesión.

-Satisfacer as cuotas de ingreso e cumprir os trámites de incorporación.

B)TRÁMITES:

 A alta colexial deberá realizarse remitindo ao domicilio social do Colexio a seguinte documentación:

-Enquisa e ficha profesional debidamente cumprimentada no modelo normalizado aprobado polos órganos de goberno do Colexio, a que podedes acceder desde estas páxinas.

-Copia compulsada do carné de identidade.

-Copia compulsada do título o habilitación profesional.

-Xustificante do ingreso da cota de alta e da primera cota de ingreso periódica bimensual.

C) COTAS:

-Cota de inscrición: 900,00 €.

-Cota de inscrición por inicio de actividade: 150,00 €.

-Cota periódica bimensual 40,00€.

-Cota periódica bimensual de 8,00 € cando se acredite algunha das seguintes situacións: desempregado, cese temporal de actividade, non exercente ou xubilación.

-As cotas de ingreso poden fraccionarse previa petición formulada en modelo normalizado polo interesado ate un máximo de 6 pagos que coincidiran coas sucesivas cotas periódicas bimensuais.

 

 
Non existen arquivos relacionados
 
Aviso legal | Política de privacidade | Suxerencias | Mapa Web | Ponte en Contacto co Colexio | Webmail
Colexio de Protésicos Dentáis de Galicia - CIF Q2701000H - Rúa Montero Ríos 10 1ºB - 15706 - Santiago de Compostela
Deseño web: Inxenio Internet Consulting | Aloxamento web: Rexistra.net