Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » colexio » Órganos de goberno
  • Imprimir

Órganos de Goberno

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

En consonancia co establecido na Lei 11/2001, do 18 de setembro, pola que se regulan os colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 16º dos vixentes Estatutos, establecen os órganos de goberno e representación do Colexio cuxa estrutura podedes consultar no apartado de organigrama do menú desta páxina web.

De acordó coa acta de proclamación da única candidatura presentada como candidatura electa, publicada no DOGA núm. 86/2009, do 05/05, os citados órganos están compostos polos seguintes colexiados:

 

A) ASEMBLEA XERAL:

É o órgano supremo do Colexio e está composta por todos os colexiados con plenitude de dereitos. Reunirase como mínimo unha vez ao ano en sesión ordinaria que deberá celebrarse durante o primeiro trimestre.

 

B) PLENO DA XUNTA DE GOBERNO:

Por así establecelo o artigo 28º dos Estatutos o Pleno reunirase obrigatoriamente dúas veces ao ano en sesión ordinaria e en sesión extraordinaria cando así o estime oportuno o Presidente ou a Comisión Permanente previo acordo expreso ou o soliciten formal e motivadamente por escrito un terzo dos seus membros.

 

C) COMISIÓN PERMANENTE:

Composta polo Presidente, Vicepresidenta, Secretario, Interventor, Tesoureiro e Poñente de Cultura. De acordo co previsto no artigo 31º dos Estatutos a Comisión Permanente celebrará sesión ordinaria unha vez cada dous meses e con carácter extraordinario cada vez que o Presidente ou dous membros da Comisión o consideren conveniente.

 

D) COMISIÓNS PLENARIAS INFORMATIVAS:

Son órganos de carácter informativo e de preparación e asesoramento dos asuntos que se sometan a deliberación da Asemblea Xeral e do Pleno e Comisión Permanente da Xunta de Goberno. A súa composición e réxime de funcionamento están regulados nos artigo 40º e 41º dos Estatutos. Para ver as comisións constituídas consultar no menú da páxina web o apartado de organigrama.

INFORMACIÓN DESTACADA
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela