Fins e Funcións
Constitue a súa finalidade esencial ordenar no ámbito das súas competencias o exercicio da profesión, e velar pola defensa dos intereses dos seus colexiados
A título meramente orientativo podemos citar algunha das funcións e fins recollidos nos artigos 7º e 8º dos vixentes Estatutos:
- Lograr a constante mellora da calidade das prestacións profesionais dos colexiados promovendo a sua formación e perfeccionamento.
- Cooperar coa mellora dos estudios conducentes á obtención de títulos habilitantes para o exercicio da profesión.
- Colaborar coas Administracións públicas no exercicio das súas funcións.
- Crear, soster e fomentar obras e institucións de previsión, de crédito, consumo e seguridade (convenios).
- Fomentar os actos de carácter cultural e científico.
- Exercitar as accións legais e adoptar as medidas necesarias para evitar o intrusismo profesional e a competencia desleal.
- Organizar actividades e servizos comúns de carácter profesional (asesoramento xurídico, económico, administrativo ou técnico) cultural, asistencial e análogos.
- Intervir como mediador en conflictos profesionais que xurdan entre os colexiados, e actuar como árbitro nos conflictos entre colexiados e terceiros, cando o soliciten ámbalas partes.
- Establecer os baremos de prezos e honorarios, que terán carácter meramente orientativo.
- Colaborar coas Administracións públicas en materia das súas competencias e participar nos órganos consultivos da Administración de Galicia.