Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 67º. Carácter e réxime xurídico dos actos colexiais
1. O Colexio, en canto corporación de dereito público, está suxeito ó dereito administrativo no relativo a constitución dos seus órganos e en canto ó exercicio de funcións administrativas.
2.Os acordos e resolución do Colexio serán inmediatamente executivos, sendo susceptibles de suspensión, cando concorra algún dos supostos previstos na Lei de Procedemento Administrativo Común. Será competencia do órgano que adoptou o acordo declarar a súa suspensión.
3. Para os efectos do establecido neste artigo, son funcións administrativas as delegadas expresamente no Colexio pola Administración que como titular a ostenta, e os actos ditados no cumprimento dos fins e funcións que as disposicións legais e os presentes Estatutos lle atribúen.
4. Non constitúen actos administrativos, os acordos, pactos ou convenios expresamente sometidos as normas de dereitos privado, así como aqueles cuxos efectos e execución se someten a dita esfera xurídica.
Artigo 68º. Réxime de recursos
1. Contra os actos ditados no exercicio de funcións administrativas que poñan fin á vía administrativa e os de trámite que determine a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que o ditou no prazo dun mes desde a data da súa notificación ou publicación.
A resolución deste recurso esgota a vía administrativa; poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa nos termos e prazos previstos pola correspondente lei xurisdicional.
Contra o resto dos actos de trámite os interesados poderán presentar alegacións, para a súa consideración, no acordo que poña fin ao procedemento.
2. Contra os actos que esgoten a vía administrativa e contra os que non se interpuxera recurso administrativo en prazo poderá interpoñerse recurso extraordinario de revisión ante o órgano que o ditou cando concorran algunha das cousas previstas na Lei de Procedemento Administrativo Común para este tipo de recurso.
3. No suposto de actos e resolucións ditados no exercicio de competencias administrativas delegadas, haberá que aterse ós termos da propia delegación en canto ó órgano competente para coñecer se é o caso do recurso correspondente.
Artigo 69º. Actos nulos e anulábeis
1. Son nulos de pleno dereito os actos ditados no que concorran algún dos supostos de nulidade previstos na Lei de Procedemento Administrativo Común.
2. Son anulables os actos ditados que incorran en infracción do ordenamento xurídico, ou aqueles que conteñan un defecto de forma que lles impida alcanzar o seu fin ou dea lugar á indefensión dos interesados.