Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » colexio » estatutos » título v
  • Imprimir

Título V

Do réxime económico e financeiro

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 53º. Capacidade financeira

O Colexio ten plena capacidade xurídica no ámbito económico e patrimonial para a xestión dos seus intereses e o cumprimento dos seus fins.

Artigo 54º. Réxime orzamentario

1.Orzamentariamente, o colexio réxese polo establecido con carácter xeral pola normativa básica estatal sobre esta materia, en todo o que lle sexa de aplicación, por estes estatutos e polas bases de execución do orzamento anual.

2. En aplicación do presente réxime, deberá proceder a liquidación do seu Orzamento, e a formación, presentación e aprobación polo órgano competente das Conta Anuais.

Artigo 55º. Réxime contable

1.Para o rexistro dos actos de contido e con efectos económicopatrimoniais, axustará a súa actuación ó establecido no Plan Xeral de Contabilidade.

2. En todo caso, os efectos de dar cumprimento as obrigas fiscais, a contabilidade deberá presentarse con separación dos ingresos por fontesde rendas, podendo identificar as actividades que, tendo carácter de explotación económica, están suxeitas ó Imposto de Sociedades e, polo tanto, correlacionar os ingresos obtidos e os gastos deducibeis necesarios para obtelos.

Capítulo II

Recursos da facenda colexial

Artigo 56º. Enumeración

1. A facenda colexial estará constituída polos seguintes recursos:

a) As cotas de incorporación ó colexio, as ordinarias e as extraordinarias que con arrego os presentes Estatutos aproben o órgano competente.
b) Os ingresos procedentes da prestación de servizos.
c) Os procedentes do seu patrimonio e demais de dereito privado. Particularmente, os rendementos financeiros, os procedentes da enaxenación do seu patrimonio, e as adquisicións a título de herdanza, legado ou doazón.
d) As subvencións e axudas económicas que, tendo ou non carácter finalistas, concedan as Administracións Públicas, Entidades públicas ou privadas, e persoas físicas ou xurídicas.
e) O produto de operacións de crédito.
f) Os demais rendementos procedentes dos bens e dereitos que integran o patrimonio do Colexio.

Artigo 57º. Normas xenerais

1. Terán carácter de ingresos de dereito público os obtidos como consecuencia da prestación de servizos derivados do exercicio de competencias administrativas que lles delegue o correspondente órgano da administración.

2.Para os efectos do presente capítulo, considerase patrimonio do Colexio o constituído polos bens da súa propiedade, así como polos dereitos reais e persoais de que sexa titular, susceptíbeis de valoración económica, e que están afectos o cumprimento dos seus fins.

Capítulo III

Orzamento e xestión do gasto

Artigo 58º. Contido e aprobación dos orzamentos.

1. O Orzamento Xeral do Colexio, terá carácter meramente, estimativo e constituirá a expresión cifrada, conxunta e sistemática de todos os gastos que, como máximo, pode realizar e dos ingresos que prevea obter durante o correspondente exercicio.

2. O exercicio orzamentario coincidirá co ano natural, e imputaranse a el os dereitos e as obrigas xeradas nel.

3. O Colexio elaborará e aprobará anualmente un Orzamento Xeral no que se integrarán:

a) O estado de gastos, no que se incluirán, coa debida especificación, os créditos necesarios para atender o cumprimento das obrigacións.
b) O estado de ingresos, no que figurarán as estimacións dos distintos recursos económicos a liquidar durante o exercicio.
c) As Bases de Execución, que conterán a adaptación das disposicións xerais en materia orzamentaria a organización e circunstancias do Colexio, así como aquelas outras necesarias para súa acertada xestión, establecendo cantas previsións se consideren oportunas e convindes para a mellor realización do gasto e cobro do recursos.

4. A estrutura orzamentaria deberá establecerse a través das Bases de Execución do Orzamento, tendo en conta a natureza económica dos ingresos e os gastos e as finalidades e obxectivos que con estes últimos se pretendan conseguir. A estes efectos a estrutura deberá establecer a vinculación existente entre as contas do Plan Xeral de Contabilidade e as categorías orzamentarias que se establezan.

5. A formación do Orzamento Xeral, que será anual, corresponderá o/a Interventor/a e o mesmo deberá unirse a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do seu contido e das principais modificacións que represente en relación co vixente.
b) Liquidación do Orzamento do exercicio anterior.
c) Anexo de persoal.
d) Anexo de inversións.
e) Relación de operacións de préstamo a longo e curto prazo que se prevén concertar no exercicio.
f) Informe económico- financeiro no que se expoñan as bases utilizadas para evaluación dos ingresos, e as operacións de crédito previstas, a suficiencia dos créditos para atender co cumprimento das obrigas esixíbeis e os gastos de funcionamento dos servizos e, en consecuencia, a efectiva nivelación do Orzamento.

Para súa formación deberán terse en conta os principios de economía e eficacia.

6. Formado o Proxecto de Orzamento o mesmo será aprobado polo Pleno da Xunta de Goberno para súa aprobación posterior pola Asemblea Xeral. O acordo de aprobación será único non podendo aprobarse separadamente ningún dos documentos que o compoñen, nin conter déficit inicial.

7. O Orzamento Xeral será executivo e entrará en vigor a partir da data da súa aprobación, estendendo os seus efectos desde o un de xaneiro.

Artigo 59º. Prorroga automática orzamentaria

1. Se ao iniciarse o exercicio económico non entrara en vigor o Orzamento correspondente, considerarase automaticamente prorrogado o do anterior, cos seus créditos iniciais, e ata a entrada en vigor do novo Orzamento.

2. O Orzamento prorrogado poderá ser obxecto de modificacións de acordo co que establezan as Bases de Execución cos mesmos efectos e extensión que as realizadas sobre o definitivo.

3. As modificacións realizadas sobre o Orzamento prorrogado entenderanse feitas sobre o definitivo, salvo que a Asemblea Xeral dispoña no seu propio acordo de aprobación deste último que determinadas modificacións ou axustes considéranse incluídas nos créditos e previsións iniciais, en cuxo caso deberán anularse os mesmos.

Artigo 61º. Modificacións orzamentarias

1. O réxime de modificacións orzamentarias serán as previstas nas Bases de Execución do Orzamento, distinguíndose a estes efectos as seguintes:

a)Créditos extraordinarios.
b) Suplementos de crédito.
c) Ampliacións de crédito.
c) Transferencias de crédito.
d) Xeracións de créditos por ingresos.
e) Incorporación de remanentes.

2.Os créditos extraordinarios son modificacións do orzamento de gastos mediante os que se asigna crédito para a realización de gastos específicos e determinados que non podan demorarse ata o exercicio seguinte e para o cal non existe crédito.

3.Os suplementos de créditos son aquelas modificacións do orzamento de gastos nos que concorrendo as mesmas circunstancias anteriores en relación co gasto a realizar, o crédito previsto resulta insuficiente e non pode ser obxecto de ampliación.

4.A ampliación de crédito é a modificación a alza do Orzamento de gastos, que se concreta no aumento de crédito orzamentario en algunha das partidas ampliábeis relacionadas expresa e taxativamente nas Bases de Execución do Orzamento e en función da efectividade dos recursos afectados non procedentes de operacións de crédito.

5.Transferencia de crédito é aquela modificación do Orzamento de gastos mediante a que, sen alterar a cuantia total do mesmo, impútase o importe total ou parcial dun crédito a outras partidas orzamentarias.

6.A xeración de crédito é a modificación do Orzamento de gastos como consecuencia da obtención de recursos afectados.

7.Constitúe o obxecto da incorporación de remanentes de créditos o aumento do orzamento de gastos do exercicio inmediatamente seguinte dos saldos de crédito non utilizados procedentes do exercicio anterior, logo de acreditación da existencia de recursos efectivos para o seu financiamento.

Artigo 61º. Da execución do Orzamento

1. A execución do Orzamento de gastos realizarase de acordo cas fases e procedementos establecidas nas Bases de Execución do Orzamento.

2. Para os efectos do punto anterior, distinguiranse as seguintes fases acumuladas:

a) Autorización- disposición
b) Recoñecemento da obrigación
c) Ordenación do pago- pago material

3. Terán carácter de "a xustificar" as ordenes de pago cuxos documentos xustificativos non podan acompañarse no momento da súa expedición. Serán aprobadas mediante acordo do órgano competente.

4. Para as atencións correntes de carácter periódico ou repetitivo, tales como dietas, gastos de locomoción, material de oficina non inventariable, conservación e outros de similares características, os fondos librados a xustificar poderán ter carácter de anticipos de caixa fixa.

5. Os fondos en poder dos habilitados que teñan carácter de anticipos de caixa e que ao final do exercicio non foran invertidos, utilizaranse por aqueles, no novo exercicio, para as atencións para os que foron concedidos.

Capítulo IV

Da rendición das Contas e obrigas rexistrais

Artigo 62º. Da Liquidación do Orzamento

1. O peche e liquidación do Orzamento do Colexio efectuarase, en canto a recadación de dereitos e o pago de obrigacións, o 31 de decembro de cada ano.

2. Corresponderá ó/a Presidente/a do Colexio a aprobación da Liquidación, debendo dar conta o Pleno da Xunta de Goberno, e a Comisión Permanente, no seu caso, na primeira sesión que celebren.

3.Os créditos de gastos que o último día do exercicio orzamentario non están afectados ó cumprimento de obrigacións xa recoñecidas quedarán anulados, sen mais excepcións que as previstas nos supostos de incorporación de remanentes de crédito no exercicio seguinte.

4. A Liquidación do Orzamento poñerá de manifesto:

a) Respecto do orzamento de gastos, e por cada un dos conceptos orzamentarios, os créditos iniciais, a súas modificacións e os créditos definitivos, os gastos autorizados e comprometidos, as obrigas recoñecidas e os pagamentos ordenados e realizados.
b) Respecto do orzamento de ingresos, as previsións iniciais, as súas modificacións e previsións definitivas, os dereitos liquidados e recoñecidos e os cobramentos realizados.

5. Como consecuencia da Liquidación do Orzamento deberá determinarse:

a) Os dereitos recoñecidos pendentes de cobramento e as obrigas recoñecidas pendentes de pagamento.
b) O resultado orzamentario do exercicio.

Artigo 64º. Da Conta Anual.

1. A estrutura e contido da Conta Anual será a que se establece con carácter xeral pola normativa mercantil e polo Plan Xeral de Contabilidade.

2. De acordo co réxime fiscal de aplicación a conta deberá recoller separadamente os rendementos e os gastos deducíbeis necesarios para obtelos que están suxeitos ó impostos de sociedades.

3. A elaboración e formación da Conta Anual correspóndelle ó/á Interventor/a ou, no seu defecto, ó/á Tesoureiro/a, debendo aprobarse provisionalmente polo Pleno da Xunta de Goberno e posteriormente someterse a aprobación definitiva pola Asemblea Xeral, no primeiro semestre do exercicio seguinte.

4. O Colexio deberá ser auditado, cando se produza a renovación, total ou parcial, dos seus órganos directivos, sen prexuízo da función fiscalizadora que lles corresponde ós organismos públicos legalmente habilitados para iso.

Artigo 65º. Dos libros e rexistros obrigatorios

Serán libros obrigatorios os libros de inventarios e contas anuais, e o libro diario.

Capítulo V

Réxime de disolución e liquidación do Colexio

Artigo 65º. Supostos de disolución

1.Procederá instar a disolución do Colexio cando concorra algún dos seguintes suposto.

a) Cando así o establece unha disposición legal.
b) Por insuficiencia dos recursos dispoñibles para dar cumprimento aos fins e funcións do Colexio.
c) Por calquera outra causa distinta das anteriores que non sexa contraria as disposicións legais de aplicación.

2. Sen prexuízo do que en cada caso se estableza legalmente, a disolución requirirá acordo previo da Asemblea Xeral, por maioría de dúas terceiras partes do número legal de membros.

3. Durante o trámite de disolución e mentres dure o proceso de liquidación o Colexio conservará a súa personalidade xurídica.Durante este tempo deberá engadir ó seu nome a frase “en liquidación".

4. O acordo de disolución será exposto ó publico no Diario Oficial de Galicia en nun xornal de maior difusión da Comunidade Autónoma.

Artigo 66º. Liquidación do Colexio

1. Disolto o Colexio abrirase un período de liquidación actuando como Comisión Liquidadora a que designe o efecto o Pleno da Xunta de Goberno. O número de liquidadores será sempre impar.

2. Durante o período de liquidación observaranse as disposicións deste estatutos en canto ao réxime de convocatorias e celebración de sesións dos órganos do colexio, aos cales darán conta os liquidadores da marcha da liquidación para que acorden o que conveña ao interese común.

3.A Comisión Liquidadora terá atribuídas as mesmas funcións que a normativa sobre liquidación de sociedades outorga os liquidadores.

4.Os liquidadores farán chegar periodicamente a coñecemento dos/as colexiados/as e acredores, polos medios que en cada caso se estimen máis eficaces, o estado da liquidación.

5. Rematada a liquidación, os liquidadores formarán o balance final, e determinarán o activo social sobre cuxo destino deberá adoptar acordo a Asemblea Xeral. Dito balance e destino poderá ser impugnado polos/as colexiados/as, mediante a interposición do recurso ó que fai referencia o artigo 71º deste Estatutos. A súa resolución será competencia da Asemblea Xeral, no prazo de quince días a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo para interposición dos recursos. Resoltos os recursos o acordo anterior será definitivo e poñerá fin a vía administrativo.

6. A función dos liquidadores chegará o seu termino unha vez está definitivamente realizada a liquidación.

COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela