Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.
Capítulo I
Réxime da colexiación.
Artigo 9º. O/a protésico/a dental.
1.O/a protésico/a dental é aquel/a profesional inscrito/a no Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais, que exerce a profesión de protésico/a dental de acordo co disposto na Lei 10/1986 do 17 de marzo, o RD 414/996, o Real decreto 414/1996, o Real decreto 541/1995 e a Lei 25/1990, así como a demais lexislación vixente.
2.Os/as protésicos/as dentais teñen plena capacidade e responsabilidade respecto as próteses dentais que elaboran ou subministran, e a os centros, instalacións e laboratorios correspondentes.
Artigo 10º. Requisitos e obrigatoriedade de colexiación.
1.Para ingresar no Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia son necesarios os seguintes requisitos:
a)Estar en posesión do título de protésico/a dental ou da habilitación profesional correspondente.
b)Ser maior de idade.
c)Non incorrer en causa de incapacidade legal para o exercicio da profesión.
d)Satisface-las cotas de ingresos e cumpri-los seguintes trámites documentais:
-Ficha profesional debidamente cumprimentada no modelo normalizado aprobado polos órganos do Colexio.
-Copia compulsada do carné de identidade.
-Copia compulsada do título ou da habilitación profesional.
-Xustificante da cota de ingreso e da primeira cota periódica.
2.Será requisito indispensable para exercer a profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.
3.O incumprimento de algún dos requisitos citados nos puntos anteriores será motivo de denegación da admisión de colexiación.
4.Igualmente poderán exercer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os profesionais colexiados noutro ámbito territorial no que teñan establecido o domicilio profesional único ou principal. Neste suposto, deberá comunicar a súa actuación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia.
5.Os profesionais titulados ou habilitados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral, non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración á que pertenzan, cando o destinatario inmediato daquelas sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.
6.A obrigatoriedade de pertenza ó Colexio enténdese sen prexuízo do dereito de sindicación.
Artigo 11º. Clases de colexiados.
Entre os membros do Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia distínguense:
a)Membros de honra. Poderán ser membros de honra as persoas ou entidades que dalgunha maneira teñan contribuído ó perfeccionamento ou desenvolvemento do Colexio ou da Profesión dental en Galicia. Para ser membro de honra non será necesario ser colexiado/a nin pertencer ó colectivo de protésicos/as dentais. Non aboarán cota nin terán dereito a voto. As propostas deberán ser referendadas polo Pleno da Xunta de Goberno e aprobadas pola Asemblea Xeral.
b)Membros eméritos.Serán os/as colexiados/as que cesen no exercicio da profesión e leven colexiados un mínimo de cinco anos. Non aboarán cota nin terán dereito a voto. As propostas deberán ser referendadas polo Pleno da Xunta de Goberno e aprobadas pola Asemblea Xeral.
c)Serán membros fundadores todos/as aqueles/as membros colexiais que interviñeron na fundación do Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia. Non aboarán cota nin terán dereito a voto. Estes membros, ao perder o seu dereito a voto deberán ser designados coa autorización previa do interesado, xa que a perda do dereito ó voto non poderá ser impositiva con respecto á súa calidade de membro colexiado ou numerario.
d)Membros numerarios. Serán todos/as aqueles/as protésicos/as dentais que cumpran tódolos requisitos, soliciten a colexiación e acepten os Estatutos.
Capítulo II
Causas de suspensión ou perda da condición de colexiado.
Artigo 12º.Suspensión da condición de colexiado.
Serán motivos de suspensión da condición de colexiado as previstas nos presentes Estatutos como consecuencia da instrución de expediente sancionador cando se acorde motivadamente e ate que aquel se resolva definitiva e expresamente.
Artigo 13º.Perda da condición de colexiado/a.
A condición de colexiado/a perderase polas causas seguintes:
a)Defunción.
b)Incapacidade legal.
c)Separación ou expulsión como consecuencia do cumprimento de sanción disciplinaria que comporte.
d)Baixa voluntaria comunicada por escrito como consecuencia da cesación da actividade profesional.
e)Baixa forzosa por incumprimento das obrigacións económicas durante un prazo de doce meses alternos ou consecutivos.
A perda da condición de colexiado/a pola causa e) anterior requirirá a instrución dun expediente, previo requirimento por escrito ó afectado para que no prazo máximo de dous meses regularice a súa situación con apercibimento, no caso contrario, da imposibilidade de seguir exercendo a actividade de acordo co disposto no artigo 10º.2 deste Estatutos e na Lei 11/2001, do 18 de setembro de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia. Transcorrido o prazo anterior sen que ó/a interesado/a normalice a súa situación co Colexio, polo Presidente formularase proposta de resolución que será notificada ó/a interesado/a para que, no prazo de dez días naturais, formule as legacións que estime oportunas. Posteriormente a Xunta de Goberno adoptará acordo motivado que deberá ser notificado ó/a interesado/a cos requisitos e contido fixados pola normativa en materia de procedemento administrativo común.
O/a colexiado/a que fora dado de baixa por calquera dos motivos anteriores, no caso de que posteriormente volvera a tramitar a súa alta, terá que satisface-las cotas de alta que en cada momento sexan de aplicación, e se fose polo motivo do apartado d) anterior deberá, antes de que sexa efectiva, regularizar previamente a súa situación.
Capítulo III
Dereitos e deberes do/a colexiado/a.
Artigo 14º. Dereitos.
Son dereitos dos/as colexiados/as:
a)Exercer a profesión e usar o título de protésico/a dental.
b)Utilizar e acceder ós servizos e medios colexiais en igualdade de condicións con calquera outro/a colexiado/a e nos termos que previamente se establezan.
c)Participar na xestión do Colexio a través dos órganos colexiados e exercer o sufraxio activo e pasivo nas condicións que prevén estes Estatutos para a elección dos órganos de goberno.
d)Recibir información sobre a actividade corporativa e profesional por medio de follas informativas, boletíns, publicacións, anuarios, circulares e xuntas regulamentarias.
e)Exercelo dereito de petición, propostas e solicitude, ante os órganos de goberno sobre aquelas cuestións que estime xustas e procedentes.
f)A súa defensa polo Colexio ante as autoridades, entidades, empresas ou particulares no exercicio profesional e con motivo do mesmo nas condicións e co alcance que previamente se determine.
g)A representación e apoio dos órganos de goberno nas súas xustas reclamacións e nas negociacións motivadas por diferenzas que xurdan con ocasión do exercicio da profesión. En todo caso a Xunta de Goberno velará e tomará as medidas oportunas para o mais estrito recoñecemento e defensa da competencia profesional do Colexio.
h)Comisionar ó Colexio no caso de que se teñan establecidos os servizos de Asesoría Xurídica para o cobro de soldos, remuneracións, facturas ou minutas profesionais nas condicións que previamente se determinen.
i)Participar nas actividades culturais e no disfrute das facultades e prerrogativas do Colexio que se lle recoñezan.
j)Ter e utilizar no exercicio da actividade a ensina profesional que se determine polos órganos do Colexio, así como o papel do Colexio co selo do mesmo se así o desexan.
k)Celebrar reunións de carácter colexial nas dependencias do Colexio cando se dispoñan delas, atendéndose ás normas que ó respecto dite a Xunta de Goberno.
l)Os/as colexiados/as terán o dereito de concorrer a tódolos actos de confraternidade para estreitar os lazos de solidariedade e compañeirismo, e a usar a biblioteca e outros servizos que estableza o Colexio, sen prexuízo de autorización previa.
Artigo 15º. Deberes
Son deberes xerais dos/as colexiados/as:
a) Cumprir e acatar os presentes Estatutos e os acordos dos órganos de goberno do Colexio.
b) Designar un domicilio e comunicar o cambio do mesmo no prazo máximo de trinta (30) días.
c) Nos prazos fixados regulamentariamente, satisface-las cotas ordinarias e extraordinarias e as dos servizos que a Xunta de Goberno declare obrigatorios, así como aquelas destinadas a atender o “Consejo General de Colegios de Protésicos Dentales de España”, e para fins de mutualidade, viuvez, orfandade, vellez e outras que se estableceran por dito organismo ou polo propio Colexio.
d) Cumprir con máximo celo e eficacia as encargas profesionais e trata-los pacientes e os cidadáns con corrección.
e) Absterse de calquera práctica que supoña competencia desleal ou que poña en perigo a saúde dental do/a usuario/a das próteses.
f) Facilitar a documentación que se refira a súa actividade profesional que lle sexa requirida polo Colexio.
g) Cobrar os honorarios no exercicio da profesión.
h) Non colaborar con quen realice actos de intrusismo profesional.
i) Estar colexiado/a e ó corrente das cotas para o libre exercicio da profesión.
j) É obriga de todos/as os/as colexiados/as comunicar ó Colexio alquera incidencia ou noticia de que teña coñecemento e este dentro dos fins e funcións que legal e estatutariamente sexan competencia de aquel.
k) Colaborar co Colexio en tódalas accións legais encamiñadas á erradicación do intrusismo profesional.
l) Os/as protésicos/as dentais no exercicio da profesión deberán gardar o segredo profesional.
m) O Colexio proverá a tódolos seus membros de carné que acredite a súa colexiación, o cal deberán mostrar sempre que se lles requira ó concorrer a actos ou usar servizos promovidos e prestados polo Colexio.