Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » colexio » estatutos » introducción
  • Imprimir

Introducción

Decreto 304/2008, do 9 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia


DISPOÑO:

Artigo único.

Aprobar, por ser adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, que figuran como anexo a este decreto.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 69/2000, do 7 de abril, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil catro.


Manuel Fraga Iribarne
Presidente

Jesús C. Lorenzo Palmou
Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local.

 

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia. A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da citada competencia, dispón no seu artigo 16, en relación co 18, que os colexios profesionais gozarán de autonomía para a elaboración, aprobación e modificación dos seus estatutos, sen máis límites que os establecidos polo ordenamento xurídico.
 

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, creado mediante Lei 4/1998, do 30 de xuño, de creación do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, acordou, na asemblea xeral que tivo lugar o 21 de xuño de 2008, a aprobación da modificación dos seus estatutos, adaptados ao disposto na Lei 11/2001, do 18 de setembro. Os ditos estatutos foron comunicados á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para os efectos da súa aprobación definitiva, logo da súa cualificación de legalidade.
 

Tendo en conta o exposto, en virtude do uso da competencia que ten atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de outubro de dous mil oito,
 

DISPOÑO:
Artigo único

Aprobación dos estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia. Apróbanse, por seren adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, que figuran como anexo a este decreto.


Disposición derrogatoria


Derrógase o Decreto 170/2004, do 7 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

 

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Santiago de Compostela, nove de outubro de dous mil oito.
 

Emilio Pérez Touriño
Presidente


José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela