Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » colexio » estatutos
  • Imprimir

Estatutos

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

Os vixentes Estatutos do Colexio, despois de ser sometidos a votación pola Asemblea Xeral en sesión celebrada o 17 de abril do 2004, foron aprobados polo Presidente da Xunta de Galicia mediante Decreto 304/2008, do 9 de outubro, quedando expresamente derogados os aprobados mediante Decreto 69/2000, do 7 de abril. 

O seu texto articulado constitúe a adaptación esixida pola Disposición transitoria da Lei 11/2001, do 28 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, e caracterízase polas seguintes notas esenciais:

  • Recollen de forma pormenorizada o sistema de asignación de competencias e funcións entre os distintos órganos, así como o réxime de delegación e as normas de funcionamento.
  • Adaptan a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, os procedementos para ditar actos de carácter administrativo, en relación co exercicio de funcións administrativas.
  • Regulan o réxime económico -financeiro e orzamentario, establecendo as normas para a execución do orzamento.
  • Fixan o procedemento de moción de censura, así como para a renovación cada catro anos dos cargos dos órganos de goberno.
  • Por último, regulan o procedemento disciplinario adaptando a normativa estatal sobre o exercicio da potestade sancionadora.

Finalmente engadir, que de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2001, do 18 de setembro, o noso Colexio por ser único e ter como ámbito de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia, asume as funcións que a Lei atribúe aos Consellos Galegos de Colexios Profesionais.

A continuación pode consultar os nosos estatutos divididos nos distintos títulos para facilitar a súa lectura. Tamén pode descargalos directamente ao seu ordenador en formato PDF premendo aqui.

Documentos

Introducción

Decreto 304/2008, do 9 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

 

Título I

Do carácter, domicilio, fins e funcións do colexio.

 

Título II

Dos/as colexiados/as

 

Título III

Dos órganos do Colexio

 

Título IV

Do exercicio da profesión

 

Título V

Do réxime económico e financeiro

 

Título VI

Do réxime xurídico

 

Título VII

Do réxime disciplinario

 
INFORMACIÓN DESTACADA
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela