Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » colexiados » requisitos para ser colexiado
  • Imprimir

Requisitos para ser colexiado

Para ingresar no Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia son necesarios os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de protésico/a dental ou da habilitación profesional correspondente.
  • Ser maior de idade.
  • Non incorrer en causa de incapacidade legal para o exercicio da profesión.
  • Satisface-las cotas de ingresos e cumpri-los seguintes trámites documentais:
    • Ficha profesional debidamente cumprimentada no modelo normalizado aprobado polos órganos do Colexio.
    • Copia compulsada do carné de identidade.
    • Copia compulsada do título ou da habilitación profesional.
    • Xustificante da cota de ingreso e da primeira cota periódica.

Será requisito indispensábel para exerce-la profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.

O incumprimento de algún dos requisitos citados nos puntos anteriores será motivo de denegación da admisión de colexiación.

Igualmente poderán exercer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os profesionais colexiados noutro ámbito territorial no que teñan establecido o domicilio profesional único ou principal. Neste suposto, deberá comunicar a súa actuación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia.

Os profesionais titulados ou habilitados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral, non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración á que pertenzan, cando o destinatario inmediato daquelas sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.

A obrigatoriedade de pertenza ó Colexio enténdese sen prexuízo do dereito de sindicación.

 
ACCESOS DIRECTOS
 
 
INFORMACIÓN DESTACADA
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela