Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » colexiados » ¿por qué colexiarse?
  • Imprimir

¿Por qué colexiarse?

A parte da obligatoriedade por Lei de pertencer ao Colexio, son múltiples as vantaxas de pertencer ao Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

Será requisito indispensábel para exerce-la profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.

Son dereitos dos/as colexiados/as:

  • Exerce-la profesión e usa-lo título de protésico/a dental.
  • Utilizar e acceder ós servizos e medios colexiais en igualdade de condicións con calquera outro/a colexiado/a e nos termos que previamente se establezan.
  • Participar na xestión do Colexio a través dos órganos colexiados e exerce-lo sufraxio activo e pasivo nas condicións que prevén estes Estatutos para a elección dos órganos de goberno.
  • Recibir información sobre a actividade corporativa e profesional por medio de follas informativas, boletíns, publicacións, anuarios, circulares e xuntas regulamentarias.
  • Exercelo dereito de petición, propostas e solicitude, ante os órganos de goberno sobre aquelas cuestións que estime xustas e procedentes.
  • A súa defensa polo Colexio ante as autoridades, entidades, empresas ou particulares no exercicio profesional e con motivo do mesmo nas condicións e co alcance que previamente se determine.
  • A representación e apoio dos órganos de goberno nas súas xustas reclamacións e nas negociacións motivadas por diferenzas que xurdan con ocasión do exercicio da profesión. En todo caso a Xunta de Goberno velará e tomará as medidas oportunas para o mais estrito recoñecemento e defensa da competencia profesional do Colexio.
  • Comisionar ó Colexio no caso de que se teñan establecidos os servizos de Asesoría Xurídica para o cobro de soldos, remuneracións, facturas ou minutas profesionais nas condicións que previamente se determinen.
  • Participar nas actividades culturais e no disfrute das facultades e prerrogativas do Colexio que se lle recoñezan.
  • Ostentar e utilizar no exercicio da actividade a ensina profesional que se determine polos órganos do Colexio, así como o papel do Colexio co selo do mesmo se así o desexan.
  • Celebrar reunións de carácter colexial nas dependencias do Colexio cando se dispoñan delas, atendéndose ás normas que ó respecto dite a Xunta de Goberno.
  • Os/as colexiados/as terán o dereito de concorrer a tódolos actos de confraternidade para estreitar os lazos de solidariedade e compañeirismo e a usar a biblioteca e outros servizos que estableza o Colexio, sen prexuízo de autorización previa.

O Colexio está traballando a cotío para velar polo mellor para os seus asociados, a parte destes dereitos otorgados aos colexiados, son moitas máis as vantaxes de pertencer ao Colexio como a posibilidade de ser un Perito Protésico, seguros especiais para colexiados, moitos convenios con moitas e variadas empresas para lograr mellores ofertas en todo tipo de produtos e servizos, acceso preferencial a cursos e moitas máis cousas.

Se tes calquera dúbida acerca dos dereitos e vantaxes de colxiarse non dubides en poñerte en contato connosco.

ACCESOS DIRECTOS
 
 
INFORMACIÓN DESTACADA
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela