Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » colexiados » ¿cómo colexiarse?
  • Imprimir

¿Cómo colexiarse?

¿A qué esperas para colexiarte? ¡Sairás gañando!

Desde a creación do Colexio no ano 1999 a profesión de protésico dental ten carácter colexial ,sendo imprescindible para o seu exercicio no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia estar incorporado a el a través do cumprimento dos requisitos e trámites esixidos polo artigo 10º.1. dos vixentes Estatutos aprobados mediante Decreto 304/2008, do 9 de outubro.

O apartado 2º de dito artigo en relación co procedimento de colexiación establece o siguiente:

 

a)Requisitos:

  •  Estar en posesión do título de protésico dental ou habilitación profesional correspondente.
  • Ser maior de idade.
  • Non incorrer en causa de incapacidade legal para o exercicio da profesión.
  • Satisfacer as cuotas de ingreso e cumprir os trámites de incorporación.

 

b)Trámites:

A alta colexial deberá realizarse remitindo ao domicilio social do Colexio a seguinte documentación:

  • Enquisa e ficha profesional debidamente cumprimentada no modelo normalizado aprobado polos órganos de goberno do Colexio, a que podedes acceder desde estas páxinas.
  • Copia compulsada do carné de identidade.
  • Copia compulsada do título o habilitación profesional.
  • 3 fotos tamaño carné
  • Xustificante do ingreso dos custes asociados á tramitación da inscrición e da primeira cota periódica mensual.

 

c)Cotas:

  • Custes asociados á tramitación da inscrición: 350 €.
  • Cota periódica mensual 25,00€.
  • Cota periódica mensual de 5,00 € cando se acredite algunha das seguintes situacións: desempregado, cese temporal de actividade, non exercente ou xubilación.
  • Os custes asociados á tramitación da inscrición, poderán fraccionarse previa petición formulada en modelo normalizado polo interesado ate un máximo de 2 pagos que coincidirán coas sucesivas cotas periódicas mensuais.

Existe a disposición dos colexiados un modelo de solicitude para a baixa colexial.

ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela