Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » colexiados » código deontolóxico » capítulo v
  • Imprimir

Capítulo V

Das relacións con outros profesionais sanitarios

Artigo 12º. As relacións con outros profesionais sanitarios, e cos membros dos equipos de saúde bucodental, deben basarse no respecto mutuo e na delimitación propias de cada profesional.

Artigo 13º. O profesional protésico dental non utilizará ningún medio de comunicación público ou profesional para a realización de declaracións que sexan falsas, fraudulentas, inxustas ou que induzan ó engano, referidas a compañeiros de profesión xa sexa con alusións persoais ou sobre as súas técnicas de traballo.

Referido os seus colegas, absterase de efectuar críticas, denuncias ou difamacións, sen proba ou testigos que confirmen o exposto. Neste caso procederase da forma mais discreta e, se procede, ante os organismos que teñan atribuída legalmente a competencia para sancionar.

Artigo 14º. O profesional protésico dental non debe intentar apropiarse, con métodos contrarios a ética profesional, dos clientes dos seus colegas debendo respectar, en todo caso, as vixentes normas da competencia.

Artigo 15º. Os problemas que afecten o colectivo de profesionais deberán discutirse no seo dos organismos profesionais competentes e soio cando se esgote esta vía poderase recorrer a outros medios.

Artigo 16º. Non supón faltar o deber de lealdade o que un Protésico Dental comunique o seu Colexio, de forma obxectiva e ca debida discreción, as infraccións dos seus colegas contra as regras da ética profesional.

COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela