Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » colexiados » código deontolóxico » capítulo iv
  • Imprimir

Capítulo IV

Dos deberes do protésico dental no exercicio da súa profesión

Artigo 5º. O profesional protésico dental que exerza en calquera das modalidades, deberá cumprir a normativa vixente que en cada momento se dicte, para ofrecer a sociedade o producto deseñado cas máximas garantías a fin de colaborar co prestixio social da profesión.

Artigo 6º.O protésico dental deberá valorar coidadosamente a súa competencia profesional e se non se considera preparado adecuadamente para desenvolver unha función ou tarefa, xa que a complexidade das necesidades do paciente-usuario excede dos seus coñecementos debe comunicalo. Ante a dúbida non arriscará en ningunha acción que poda causar calquera perxuicio ó paciente-usuario senón que deberá consultar a colegas ou delegar o traballo noutros profesionais cualificados. Se o protésico dental non fora consciente de tales deficiencias e estas foran advertidas por outro colega, este estará obrigado a comunicarllo e, e no seu caso, poñelo en coñecemento do Colexio Oficial de Protésicos Dentais, na forma prevista no artigo 17º deste Código.

Artigo 7º. O profesional protésico dental debe manter unha actitude crítica permanente sobre a súa labor, co fin de garantir unha mellora profesional constante.

Artigo 8º. O profesional protésico dental deberá intercambiar coñecementos e experiencias con outros profesionais da sanidade dental e participar, ademais, en cursos e programas de formación continuada.

Artigo 9º. O profesional protésico dental debe comprometerse a manter e enriquecer a súa competencia profesional, incorporando novas técnicas e os coñecementos resultantes dos avances científicos, para proporcionar a calidade debida a todos os seus traballos.

Artigo 10º. O profesional protésico dental, titular dun laboratorio, ten a responsabilidade sobre os traballos realizados polos seus colaboradores. Sen prexuízo de que dita responsabilidade legal, a responsabilidade deontolóxica do protésico dental non desaparece nin se dilúe por traballar en quipo.

Artigo 11º. O profesional protésico dental non debe prestar colaboración en prácticas contrarias a ética ou “lex artis”, nin as encargará a colegas ou persoal colaborador, debendo poñer en coñecemento do Colexio a existencia das mesmas.

COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela