Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » colexiados » baremo orientativo
  • Imprimir

Baremo Orientativo

¿Por qué un baremo orientativo de prezos e honorarios?

O baremo orientativo foi aprobado polo Pleno da Xunta de Goberno en sesión celebrada o 30 de decembro de 2005, e ten carácter orientativo e provisional ata que se realice o preceptivo estudo de custes.

Tres son os motivos que xustifican a súa aprobación:

En primeiro lugar, porque constitúe o cumprimento da función recollida no artigo 8º.5. dos vixentes Estatutos aprobados mediante Decreto 170/2004, do 7 de xullo e publicados no DOG núm. 144/2004 do 27 de xullo.

En segundo lugar, porque é un instrumento de especial relevancia para garantir o exercicio da profesión en condicións de igualdade ante o mercado, facilitar a translación ao produto sanitario a medida dos custes directos, indirectos e de estrutura nos que se incorre no proceso de fabricación, e establecer un marco que contribúa a erradicación da competencia desleal e o instrusismo.

En terceiro lugar, porque permite fixar a estrutura de prezos que retribúe adecuada e dignamente ó exercicio da profesión e garante a calidade do produto sanitario.

 

Advertencia

O baremo en ningún caso é unha tarifa de prezos mínimos para súa aplicación xeral polos profesionais colexiados, por canto está expresamente prohibido polo artigo 1º.1. da Lei 16/1989, do 17 de abril, sobre defensa da competencia. Tampouco é unha recomendación colectiva de aplicación dos prezos que se conteñen nel, co obxecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia en todo ou en parte do mercado, senón que é un mero documento de referencia que, con carácter orientativo, permite a elaboración das tarifas de cada profesional con arreglo a súa propia estrutura de custes e marxes empresariais. Non pretende ser, polo tanto, un documento destinado a súa utilización e difusión polo protésico como tarifa propia posto que elo constituiría unha violación da lexislación vixente en materia de defensa da competencia.

ACCESOS DIRECTOS
 
 
INFORMACIÓN DESTACADA
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela