Xoves 4 de Decembro de 2008  
Coprodega
 
 
Recuperar Clave      
Establecer como PÁXINA PRINCIPAL | Contactar | Mapa Web Favoritos  
 Inicio O Colexio Código Deontolóxico
   O Colexio
  Benvida do Presidente
  Fins é Funcións
  Organigrama
  Órganos de Goberno
  Estatutos
  Código Deontolóxico
  Como Colexiarse
  Dereitos e Deberes
  Baremo Orientativo
  Modelo de Documentos
   Colexiados
   Noticias
   Axenda
   Servizos

A.M.A. SEGUROS

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Código Deontolóxico.
  texto pequeño texto normal texto grande imprimir
 
Preámbulo

A partir do o ano 1986, no que se publica a Lei 10/1986, do 17 de marzo, sobre Odontólogos e outras profesións relacionadas ca saúde dental, escomenza o proceso de regulación normativa da profesión de  Protésico Dental, que posteriormente será obxecto de desenvolvemento a través do Real Decreto 1594/1994, do 15 de xullo.

  No ámbito do sistema educativo o lexislador pon as bases que definen o bloque de coñecementos necesarios que conforman a titulación requirida para o exercicio da profesión a través do RD 541/1995, do 7 de abril, polo que se establece o Título de Técnico superior en Próteses Dental e as correspondentes ensinanzas mínimas.

  A través do Real Decreto 414/1996, do 1 de marzo, polo que se regulan os productos sanitarios,cas modificacións incorporadas a través do 2727/1998, do 18 de decembro, culmina a estructura normativa básica estatal que conforma o marco legal e técnico no que se move a profesión de Protésico Dental.

  Este  proceso complementase a nivel autonómico ca constitución do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, a través do Decreto 69/2000, do 23 de marzo, no que se definen fins, e funcións do Colexio e obrigas e deberes dos Protésicos Dentais.

  Somos conscientes de que persisten importantes baleiros normativos en relación co exercicio da profesión, e que non están debidamente harmonizados os distintos mecanismos de intervención administrativa que permitan erradicar o intrusismo profesional e situar o Protésico Dental no ámbito que lle corresponde dentro do conxunto do sistema sanitario. Tamén entendemos que están pendentes de desenvolver, o nivel de actuación territorial correspondente, as funcións de caracter administrativo que como Corporación de dereito público ten o Colexio en canto a inspección das condicións técnicas e académicas requiridas legalmente para o seu exercicio.

 Este Código Deontolóxico constitúe, non só o cumprimento dos fins e funcións esixidas polos propios Estatutos do Colexio, senón tamén unha aportación realizada desde dentro do colectivo profesional que, sen dúbida algunha, vai constituír unha guía esencial de comportamento desde unha dimensión ética e reverterá nunha maior calidade do servicio aos cidadáns.

  Por todo o anterior o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia establece o seguinte Código Deontolóxico:

 

 

Capítulo I: Definición e ámbito de aplicación

Capítulo II: Principios xerais

Capítulo III: Do segredo profesional

Capítulo IV: Dos deberes do protésico dental no exercicio da súa profesión

Capítulo V: Das relacións con outros profesionais sanitarios

Capítulo VI: Das relacións do protésico dental co Colexio

Capítulo VII: Dos deberes co paciente-usuario

Capítulo VIII: Da actividade do protésico dental como perito

Capítulo IX: .- Da publicidade e publicacións profesionais

Capítulo X: Dos honorarios

Capítulo XI: Das prohibicións

 

 
Aviso legal | Política de privacidade | Suxerencias | Mapa Web | Ponte en Contacto co Colexio | Webmail
Colexio de Protésicos Dentáis de Galicia - CIF Q2701000H - Rúa Montero Ríos 10 1ºB - 15706 - Santiago de Compostela
Deseño web: Inxenio Internet Consulting | Aloxamento web: Rexistra.net