Martes 6 de Xaneiro de 2009  
Coprodega
 
 
Recuperar Clave      
Establecer como PÁXINA PRINCIPAL | Contactar | Mapa Web Favoritos  
 Inicio O Colexio Código Deontolóxico
   O Colexio
  Benvida do Presidente
  Fins é Funcións
  Organigrama
  Órganos de Goberno
  Estatutos
  Código Deontolóxico
  Como Colexiarse
  Dereitos e Deberes
  Baremo Orientativo
  Modelo de Documentos
   Colexiados
   Noticias
   Axenda
   Servizos

A.M.A. SEGUROS

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Código Deontolóxico.
  texto pequeño texto normal texto grande imprimir

Capítulo IX.- Da publicidade e publicacións profesionais.

Artigo 27º. Os protésicos dentais poderán realizar libremente publicidade dos seus servicios, dentro dos límites da deontoloxía profesional e da normativa vixente sobre publicidade e competencia desleal.

Artigo 28º. A publicidade dos protésicos dentais deberá fomentar a confianza da sociedade na competencia profesional do protésico dental, e no seu compromiso ca sanidade dental.

Artigo 29º. Considerarase publicidade contraria as normas deontolóxicas, entre outras, as seguintes:

  1. A que designe ou estableza comparacións con outros protésicos dentais ou cas súas actuacións.
  2. A que ofreza ou suxira resultados cuia obtención non dependa soio do exercicio profesional do protésico dental.
  3. A que vulnere ou poña en risco o deber do secreto profesional.
  4. A que utilice emblemas ou símbolos colexiais ou corporativos, cuio uso non este autorizado polo Colexio en canto constitúe a expresión pública da imaxe corporativa.

 
Artigo 30º. O protésico dental ten o deber de comunicar prioritariamente os medios profesionais os descubrimentos que realizara ou as conclusións dos seus estudios e ensaios científicos.

Artigo 31º. O protésico dental non poderá empregar nas súas publicacións científicas escritas, orais ou visuais, ningún nome ou detalle que permita a identificación do paciente. Cando non poda obviar esta posibilidade de identificación, deberá dispoñer do consentimento expreso do interesado.

Artigo 32º. En materia de publicacións científicas son contrarias os deberes os deberes deontolóxicos as seguintes actuacións:

  1. Dar a coñecer de forma prematura procedementos de eficacia aínda non determinada ou esaxerar esta.
  2. Falsificar ou inventar datos.
  3. Copiar ou plaxiar o publicado por outros autores.
  4. Non mencionar tódalas fontes de financiación do traballo obxecto de  publicación.
  5. Realizar publicacións repetitivas.

 

 
 


 

 
Aviso legal | Política de privacidade | Suxerencias | Mapa Web | Ponte en Contacto co Colexio | Webmail
Colexio de Protésicos Dentáis de Galicia - CIF Q2701000H - Rúa Montero Ríos 10 1ºB - 15706 - Santiago de Compostela
Deseño web: Inxenio Internet Consulting | Aloxamento web: Rexistra.net