Capítulo VI.- Das relacións do protésico dental co Colexio.
Artigo 17º. O protésico dental está obrigado a respectar os órganos de goberno e os membros que os compoñan, así como atender ca máxima dilixencia os requirimentos emanadas de aqueles órganos e dos seus membros, cando actúen no exercicio das súas funcións.
Artigo 18º. O profesional protésico dental que participe en órganos de goberno do Colexio, asociacións ou institucións, debe comprometerse a manter unha actitude ética na súa liña de actuación.
Artigo 19º. Os membros do equipo de goberno do Colexio están obrigados a gardar secreto sobre deliberacións ou resolucións que nas respectivas sesións se acorden como reservadas.
Artigo 20º. Aqueles que participen en órganos de goberno, non deben sacar proveito persoal no uso dos seus cargos. Ademais, velará pola transparencia na contratación de servicios, persoal administrativo, selección e adxudicación de contratos, e en todos aqueles aspectos que podan implicar un beneficio persoal ou compartido por uns poucos.
Artigo 21º. O profesional protésico dental terá o dereito de esixir o Colexio Profesional que cumpra cos seguintes deberes:
- Defender que as condicións profesionais sexan económica e socialmente xustas.
- Esixir que os dereitos adquiridos como profesionais sexan protexidos debidamente.
- Velar por ter unhas condicións de traballo que lle permitan exercer a súa profesión dunha maneira autónoma e obter unha lexítima satisfacción persoal e profesional.
- Promover e controlar o cumprimento do código de ética profesional.
- Defender os colegas que se vexan prexudicados polo cumprimento deste principios éticos.
- Arbitrar nos conflictos que xurdan no exercicio da profesión.
- Velar pola calidade do ensino da prótese dental.
- Velar para que os profesionais estean presentes nos órganos de goberno estatais responsábeis da planificación e ordenación da nosa profesión.
- Promover e facilitar, cos medios que teña o seu alcance, a formación continuada de todos os profesionais.
- Sancionar a mala praxes profesional.
|