Martes 6 de Xaneiro de 2009  
Coprodega
 
 
Recuperar Clave      
Establecer como PÁXINA PRINCIPAL | Contactar | Mapa Web Favoritos  
 Inicio O Colexio Código Deontolóxico
   O Colexio
  Benvida do Presidente
  Fins é Funcións
  Organigrama
  Órganos de Goberno
  Estatutos
  Código Deontolóxico
  Como Colexiarse
  Dereitos e Deberes
  Baremo Orientativo
  Modelo de Documentos
   Colexiados
   Noticias
   Axenda
   Servizos

A.M.A. SEGUROS

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Código Deontolóxico.
  texto pequeño texto normal texto grande imprimir

Capítulo IV.- Dos deberes do protésico dental no exercicio da súa profesión.

Artigo 5º. O profesional protésico dental que exerza en calquera das modalidades, deberá cumprir a normativa vixente que en cada momento se dicte, para ofrecer a sociedade o producto deseñado cas máximas garantías a fin de colaborar co prestixio social da profesión.

Artigo 6º.O protésico dental deberá valorar coidadosamente a súa competencia  profesional  e se non se considera preparado adecuadamente para desenvolver unha función ou tarefa, xa que a complexidade das necesidades do paciente-usuario excede dos seus coñecementos debe comunicalo. Ante a dúbida non arriscará  en ningunha acción  que poda causar calquera perxuicio  ó paciente-usuario senón que deberá consultar a colegas ou delegar o traballo noutros profesionais cualificados. Se o protésico dental non fora consciente de tales deficiencias e estas foran advertidas por outro colega, este estará obrigado a comunicarllo e, e no seu caso, poñelo en coñecemento do Colexio Oficial de Protésicos Dentais, na forma prevista no artigo 17º deste Código.
 
Artigo 7º. O profesional protésico dental debe manter unha actitude crítica permanente  sobre a súa labor, co fin de garantir unha mellora profesional constante.

Artigo 8º. O profesional protésico dental deberá intercambiar coñecementos e experiencias con outros profesionais da sanidade dental e participar, ademais, en cursos e programas de formación continuada.

Artigo 9º. O profesional protésico dental debe comprometerse a manter e enriquecer a súa competencia profesional, incorporando novas técnicas e os coñecementos resultantes dos avances científicos, para proporcionar a calidade debida a todos os seus traballos.

Artigo 10º.O profesional protésico dental, titular dun laboratorio, ten a responsabilidade sobre os traballos realizados polos seus colaboradores. Sen prexuízo de que dita responsabilidade legal, a responsabilidade deontolóxica do protésico dental non desaparece nin se dilúe por traballar en quipo.

Artigo 11º. O profesional protésico dental non debe prestar colaboración en prácticas contrarias a ética ou “lex artis”, nin as encargará a colegas ou persoal colaborador, debendo poñer en coñecemento do Colexio a existencia das mesmas.

 
 


 

 

 
Aviso legal | Política de privacidade | Suxerencias | Mapa Web | Ponte en Contacto co Colexio | Webmail
Colexio de Protésicos Dentáis de Galicia - CIF Q2701000H - Rúa Montero Ríos 10 1ºB - 15706 - Santiago de Compostela
Deseño web: Inxenio Internet Consulting | Aloxamento web: Rexistra.net