Capítulo III.- Do secreto profesional:
Artigo 4º. O protésico dental observará rigorosamente, como profesional da sanidade, o secreto profesional, manténdose estrictamente reservada toda a información que obtivera da súa actuación profesional, así como aquela que o facultativo lle facilitara con relación ó pácente usuario a quen vai destinada a prótese. Serán motivos que constitúen a excepción da norma anterior os seguintes:
- Cando se deba responder as demandas da medicina forense ou peritaxe xudicial.
- Cando o silencio implique perigo individual ou colectivo e se prevea un perigo inminente e grave para calquera membro da equipa de saúde bucodental ou para outra persoa.
|