Xoves 4 de Decembro de 2008  
Coprodega
 
 
Recuperar Clave      
Establecer como PÁXINA PRINCIPAL | Contactar | Mapa Web Favoritos  
 Inicio O Colexio Baremo Orientativo
   O Colexio
  Benvida do Presidente
  Fins é Funcións
  Organigrama
  Órganos de Goberno
  Estatutos
  Código Deontolóxico
  Como Colexiarse
  Dereitos e Deberes
  Baremo Orientativo
  Modelo de Documentos
   Colexiados
   Noticias
   Axenda
   Servizos

A.M.A. SEGUROS

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Baremo Orientativo
  texto pequeño texto normal texto grande imprimir

¿ POR QUÉ UN BAREMO ORIENTATIVO DE PREZOS E HONORARIOS?

 O baremo foi aprobado polo Pleno da Xunta de Goberno en sesión celebrada o 30 de decembro de 2005, e ten carácter orientativo e provisional ata que se realice o preceptivo estudo de custes.

 Tres son os motivos que xustifican a súa aprobación:

En primeiro lugar, porque constitúe o cumprimento da función recollida no artigo 8º.5. dos vixentes Estatutos aprobados mediante Decreto 170/2004, do 7 de xullo e publicados no DOG núm. 144/2004 do 27 de xullo.

En segundo lugar, porque é un instrumento de especial relevancia para garantir o exercicio da profesión en condicións de igualdade ante o mercado, facilitar a translación ao produto sanitario a medida dos custes directos, indirectos e de estrutura nos que se incorre no proceso de fabricación, e establecer un marco que contribúa a erradicación da competencia desleal e o instrusismo.

En terceiro lugar, porque permite fixar a estrutura de prezos que retribúe adecuada e dignamente ó exercicio da profesión e garante a calidade do produto sanitario.

ADVERTENCIA

 O baremo en ningún caso é unha tarifa de prezos mínimos para súa aplicación xeral polos profesionais colexiados, por canto está expresamente prohibido polo artigo 1º.1. da Lei 16/1989, do 17 de abril, sobre defensa da competencia.

 Tampouco é unha recomendación colectiva de aplicación dos prezos que se conteñen nel, co obxecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia en todo ou en parte do mercado, senón que é un mero documento de referencia que, con carácter orientativo, permite a elaboración das tarifas de cada profesional con arreglo a súa propia estrutura de custes e marxes empresariais. Non pretende ser, polo tanto, un documento destinado a súa utilización e difusión polo protésico como tarifa propia posto que elo constituiría unha violación da lexislación vixente en materia de defensa da competencia.

 

 

 
Non existen arquivos relacionados
 
Aviso legal | Política de privacidade | Suxerencias | Mapa Web | Ponte en Contacto co Colexio | Webmail
Colexio de Protésicos Dentáis de Galicia - CIF Q2701000H - Rúa Montero Ríos 10 1ºB - 15706 - Santiago de Compostela
Deseño web: Inxenio Internet Consulting | Aloxamento web: Rexistra.net