Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » actualidade » actualidade » axenda » asambleas » convocatoria de asamblea xeral
  • Imprimir

Agenda de Eventos

Convocatoria de Asamblea Xeral

Salón de Actos do Hotel Torres de Compostela de Santiago de Compostela

12 de abril de 2008

D. XESÚS DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ, secretario do COPDG, en cumprimento das funcións que teño atribuídas, poño no seu coñecemento que o Sr. Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, D. Avelino J. Sanmartín Caamaño, con data 24 de marzo de 2008 adoptou o acordo 9/2008, formulando mandato de convocatoria da sesión do órgano precitado, cuxo contido literal é o seguinte:
"De conformidade co establecido nos artigos 18 e 19 do Decreto 170/2004, do 7 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia (C.O.P.D.G.), e en cumprimento do acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Goberno en sesión celebrada o 15 de marzo de 2008, esta Presidencia ACORDA:
PRIMEIRO: Convocar a sesión Ordinaria da Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro día 12 de abril de 2008 no Salón de Actos do Hotel Torres de Compostela de Santiago de Compostela, sito na Rúa do Restollal, 24 (no Paxonal- xunto ao Corte Inglés) ás 10,00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA
1º. Lectura e aprobación, se procede, da seguinte acta da sesión anterior:
-Nº 1/2007 do 21/04
2º. Lectura, debate e aprobación, se procede, do informe de xestión do Presidente e do Pleno da Xunta de Goberno do 2007.
3º. Aprobación, se procede, da Conta Xeral do 2007.
4º. Aprobación, se procede, do proxecto de Orzamento do 2008 e das Bases de Execución. (Descargar memoria explicativa)
5º. Aprobación, se procede, da modificación dos Estatutos colexiais aprobados mediante Decreto galego 170/2004 de 7 de xullo.
6º. Dación de conta: Do Convenio regulador das relacións entre protesicos e odontólogos , asinado por o Cónsello Xeral de Odontólogos e o Colexio de Protesicos Dentais de Cataluya, E Acordo da Comisión Permanente de data 16 de xuño de 2006. Toma de coñecemento e acordos que procedan.
7º. Pregos e preguntas.

SEGUNDO: O presente acordo será notificado polo Sr. Secretario, de conformidade co establecido no artigo 35 dos Estatutos.
TERCEIRO: De conformidade co disposto no artigo 19, a partir da convocatoria están a disposición dos colexiados na sede social do Colexio e da Secretaria (Rúa do Penedo nº 12-14, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos na orde do día. Non obstante, poderán ser consultados directamente na páxina web do colexio (www.coprodega.es), na área privada de servizos/acordos, os seguintes documentos: Informe de Xestión, Memoria explicativa do Orzamento Xeral de 2008 e as súas Bases de Execución, Convenio regulador das relacións entre protesicos e odontólogos , asinado por o Consello Xeneral de Odontólogos e o Colexio de Protesicos Dentais de Cataluña, Certificado de acordo Convenio Cooperación cos Odontólogos.
CUARTO:De conformidade co establecido no artigo 17º dos Estatutos, formarán parte da Asemblea Xeral os/as colexiados/as con plenitude de dereitos, debendo os asistentes a partir das 9,00 horas presentarse portando o carné de colexiado ou DNI aos efectos de realizar as comprobacións oportunas.
QUINTO: Por motivos organizativos e tendo en conta que a sesión é exclusivamente en xornada de mañá, prégase aos asistentes puntualidade, e confirmación da súa asistencia a través da Secretaria Técnica do Colexio (Tel. 981 524 591 / coprodega @coprodega.es)."

É o que teño a ben comunicarlle no prazo fixado, e de conformidade co artigo 19 dos Estatutos.
En Compostela a 25 de marzo do 2008
O Secretario
Asdo.: Xesús Domínguez Domínguez
 
 

Comentarios

Non existen comentarios relacionados

 

ENGADE O TEU COMENTARIO

 

Se desexas engadir un novo comentario, debes estár rexistrado como usuario de COPRODEGA. Introduce os teus datos de acceso en caso de estar rexistrado ou rexistrate gratis cubrindo o noso formulario de rexistro.

INFORMACIÓN DESTACADA
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela