Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » a prótese dental » ¿quen pode vender próteses dentais?
  • Imprimir

¿Quen pode vender próteses dentais?

A comercialización consiste na primeira posta a disposición a título oneroso ou lucrativo (gratuíto) dun produto sanitario non destinado a investigacións clínicas, con vistas a súa distribución ou utilización no mercado comunitario, independentemente de que se trate dun produto novo ou totalmente renovado.

De acordo co previsto no artigo 16.3 do RD 414/1996, do 1 de marzo, poderán vender e distribuír produtos sanitarios a medida aquelas persoas físicas ou xurídicas que se adiquen a dita actividade e que o comuniquen por escrito as autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma.

O exercicio das profesións médicas ás que se refire o artigo 4.1. da Lei 25/1990, do 20 de decembro, do medicamento, será incompatible con calquera clase de interese económico directo derivado da fabricación, elaboración e comercialización dos medicamentos e produtos sanitarios.

ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela