Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

De acordo co establecido no RD 414, do 1 de marzo, polo que se regulan os produtos sanitarios, a prótese dental é un produto sanitario a medida de carácter invasivo, da clase IIa, cuxa fabricación require licenza sanitaria previa de funcionamento da instalación. O seu outorgamento correspóndelle á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e para súa concesión ou denegación estarase ao disposto no Decreto galego 294/2004, do 14 de outubro.
Só poden fabricar próteses dentais aqueles que teñan a titulación esixida polo RD 1594/1994, do 15 de xullo, ou a habilitación outorgada pola Administración autonómica, que estean incorporados ao colexio profesional correspondente, e que desenvolvan a súa actividade no laboratorio de prótese. O protésico dental ten recoñecido o carácter de profesión sanitaria polo artigo 2.3. da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.
Os laboratorios de próteses dentais estarán necesariamente organizados, xestionados e dirixidos polos protésicos dentais que se atopen en posesión da titulación ou habilitación requirida