Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » a prótese dental » ¿qué responsabilidade ten o protésico sobre a prótese que fabrica?
  • Imprimir

¿Qué responsabilidade ten o protésico sobre a prótese que fabrica?

O protésico dental elaborará a prótese dental de acordo coas indicacións e prescricións dos médicos estomatólogos ou odontólogos, tendo plena capacidade e responsabilidade ante o facultativo que a prescribiu, salvo cando existan derivacións achacábeis ás impresións e rexistros bucodentais ou ulteriores colocacións da prótese.

A prescrición constitúe o documento que permite elaborar a prótese adaptada a un determinado paciente, e deslinda o ámbito da responsabilidade sobre as eventuais deficiencias do produto final. Ademais destas funcións, debe identificar adecuada e suficientemente ao paciente en orde a realizar operacións distintas das propiamente sanitarias.


As prescricións de medicamentos ou produtos sanitarios deberán cumprir os requisitos especificados na Lei 25/1990, do 20 de decembro, do Medicamento e no RD 1910/1984, do 26 de setembro, que regula as características da receita médica. O seus artigo 7º.3. e 8º recollen o contido inescusable para súa validez e os datos adicionais necesarios distintos dos estritamente asistenciais, tales como verificación, cuantificación, liquidación, tratamento informático, comprobación ou outros similares.

COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA

A prótese dental deberá estar elaborada mediante a utilización dos produtos, materiais, técnicas e procedementos normalizados de traballo tal e como se prevé no RD 414/1996, do 1 marzo.
A prótese dental seranlle de aplicación as normas en materia de garantías na venda de bens de consumo, particularmente, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 23/2003, do 10 de xullo, deberá responder o vendedor das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos desde a data de entrega. Agás proba en contrario, presumirase que as faltas de conformidade que se manifesten nos seis meses posteriores a entrega xa existían cando o produto se entregou, salvo cando esta presunción sexa incompatible coa natureza do ben ou coa índole da falta de conformidade. Prescribirá a acción de reclamación unha vez transcorridos tres anos desde a entrega do ben, debendo o consumidor informar ao vendedor a falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela.

Por así esixilo o artigo 43 da Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias, os protésicos dentais que exerzan no ámbito da asistencia sanitaria privada, están obrigados a subscribir o oportuno seguro de responsabilidade que cubra as indemnizacións que se podan derivar dun eventual dano ás persoas causados con ocasión da prestación da asistencia ou servizo.

ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela