Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » a prótese dental » ¿que condicións e requisitos deben cumprirse en materia de entrega e facturación?
  • Imprimir

¿Que condicións e requisitos deben cumprirse en materia de entrega e facturación?

A prestación de servizos realizados no ámbito do exercicio da profesión de protésico dental, así como a entrega, reparación e colocación de próteses dentais, son operación exentas do IVE, por así establecelo o artigo 20.1.5 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido.

De acordo coa recente xurisprudencia do Tribunal Supremo, o laboratorio de prótese dental como titular das actividades de comercialización do produto sanitario, poderá facturar a prótese fabricada ao facultativo que lla solicitou, previa entrega, se así llo solicita, dun orzamento previo á realización do traballo, ou directamente ao paciente, en aras do cumprimento do dereito que este ten como usuario de coñecer o importe da prótese e os honorarios do protésico. A utilización dun procedemento ou outro dependerá da relación comercial que se estableza entre o fabricante e facultativo, a cuxo efecto a prescrición deberá conter os datos adicionais necesarios distintos dos estritamente asistenciais que permiten, no seu caso, a emisión da factura ao paciente.

En todo caso, deberá quedar salvagardada a incompatibilidade á que nos referiamos anteriormente respecto do exercicio de profesións médicas, e o dereito do usuario de coñecer o importe da prótese, debendo figurar debidamente desgregadas na factura final que se entregue ao paciente as cantidades que corresponden a prótese de aquelas que se derivan da prestación dos servizos facultativo.

De conformidade co establecido no RD 414/1996, do 1 de marzo, a prótese deberá ser entregada debidamente etiquetada cos datos previstos no punto 8 do anexo I e conxuntamente coa declaración de conformidade co contido previsto no anexo VIII.

ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela